Novas

Máis novas

A Xunta contrata a canalización do saneamento do polígono para a Edar

14/11/2018. Teresa Gutierrez, Directora de Aguas de Galicia, dixo que se está avanzando a tramitación para iniciar a redacción do proxecto de canalización. O Concello, ten o compromiso de traballar co fin de mellorar a Rede Depurativa

MELIDE  14 de novembro de 2018.- A Directora Xeral de Augas de Galicia vén de expresar o total compromiso do departamento autonómico na xestión do proxecto técnico para a canalización das augas cara a Estación de Depuración Municipal, unha das solicitudes que lle ten trasladado á Xunta o Goberno local xa dende incios de mandato. 

Así as cousas, García que xa mantivo reunións cos responsables autonómicos con novas responsabilidades en varias ocasión sobre este asunto manifesta que “a canalización das augas cara a Edar municipal será unha realidade no ano 2019 superando así todas as dificultades de procedemento e técnicas que se deron neste proceso”. Como manifestou Teresa Gutierrez a Xunta de Galicia traballa man a man cos Concellos, sendo esta a única maneira de cooperar e de mellorar integramente a rede de saneamento dos mesmos. 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp