Novas

Máis novas

O Ministro de Turismo de Ecuador visita Melide para coñecer o turismo rural

12/11/2018. O Ministro de Ecuador, Enrique Ponce, mantivo unha reunión de traballo coa alcaldesa, Dalia García co fin de atopar sinerxias turísticas entre Galicia e o rural ecuatoriano. Visitaron diferentes recursos turísticos da vila

MELIDE 12 de novembrode 2018.-O sábado o salón de plenos da corporación melidense recibiu a delegación ecuatoriana encabezada polo Ministro de Turismo, D. Enrique Ponce co fin de celebrar unha mesa de traballo en relación ao turismo rural e as experiencias de éxito que se desenrola na comunicade galega. A delegación ministerial ten como propósito indagar no modelo galego de desenrolo de abaixo arriba que propuxo xa na estratexia Leader a Consellería de Medio Rural e que agora acaba de aprobarse por parte dos GDR. Sendo así, Enrique Ponce apuntou as similitudes entre Ecuador e Galicia coñecedores da gran riqueza natural e paisaxistica que posúe o seu país que por outra banda, segundo apuntou a Consellería de Medio Rural tamén o supón así para todo aquel que visita Galicia, baremando como un dos elementos fundamentais a natureza, o paisaxe e a gastronomía. Durante a xuntanza de traballo, a técnica do GDR Ulla-Tambre-Mandeoexpuxo a importancia do GDR para levar a cabo iniciativas emprendedoras que permitan desenrolar o territorio, moitas delas no ámbito turístico dun enclave privilexiado como é Melide, o cruce dos CamiñosXacobeos no seudevir cara Compostela.

Así as cousas, expuxeronse casos de éxito que afectan aostecidoscomerciais e económicos das vilas así como a propia demografía. A alcaldesa subliñou que de non adherirse Melide a estos programas así como de non destinar o investimento público á rehumanización de rúas no Camiño de Santiago estaríamos perdendo aproximadamente case un 30% de poboación.

Na visita a delegación tamén se achegou ao Museo da Terra de Melide así como a Oficina de Turismo de Furelos onde se destacaron os datos de visitantes do pasado mes de outubro e se constatou unha vez máis a internacionalización da ruta xacobea.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp