- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Melide celebra o Magosto a ritmo de música e de animación infantil
12/11/2018. O Concello vén de celebrar o tradicional Magosto onte domingo no Palacio de Congresos e Exposicións do Concello de Melide, a ritmo da música do Trio Remolino, animación infantil con xogos tradicionais e a visita de Os Bolechas
MELIDE 12 de novembro de 2018.- O Concello de Melide celebrou onte no Palacio de Congresos e Exposicións un dos eventos con máis afluencia de público no outono, o Magosto. Como vén sendo habitual, a primeiros de novembro, dende a Concelleria de Cultura en colaboración coa concelleira de obras se pon en marcha esta actividade que se trata de rendir homenaxe a un dos nososfroitosmáis famosos a castaña. Repartíronse 260 Kg de castaña asada da Ulloa xunto con chocolate quente que esgotou existencias preto das 20.00 h do serán.
O baile a ritmo da música do Trío Son Remolino xunto con actividades programadas para os máis cativos da casa xacomezaron a primeira hora da mañá cun curso de cociñanas dependencias municipais que tiña como elemento unificador a castaña. Cativos e cativas acudiron de xeitogratuíto a esta actividade, actividades que seguironpola tarde con xogos populares e a visita de Os Bolechas cabezudos. A colaboración da SX de Política Lingüística co Concello de Melide permitiu que os pequenos, ademáis de desfrutar dos xogostaménpoideran beneficiarse destes grandes coñecidos dos nenos e nenas que compartiron con eles animación e sorrisos.
A alcaldesa de Melide, Dalia García, compartiu magosto coa veciñanza acompañada por membros do goberno local, sendo este, segundo sinalouun dos eventos culturais de máis trascendencia do outono. Agradeceu a colaboración e a implicación de todo o persoal municipal que o fai posible para que o Magosto de Melide sexa recoñecido en toda a comarca.