- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Melide colabora cun proxecto educativo que analizará o impacto do Camiño
09/11/2018. A alcaldesa de Melide, Dalia García, recibiu hoxe en Melide ao equipo organizador desta iniciativa pioneira que unirá a tres países diferentes baixo o estudo e a análise do impacto económico dos concellos asociados ao Camiño de Santiago
MELIDE 9 de novembro de 2018.- O Concello de Melide colaborará cun proxecto europeo que une a colexios de tres países que analizarán o impacto económico asociado ao Camiño de Santiago que teñen as diferentes vilas polas que trascorre este treito.
Durante a mañá de hoxe, Dalia García, a alcaldesa de Melide, mantivo un encontro con responsables de poñer en marcha este proxecto, que terá unha duración de dous anos. A rexedora melidense, amosou a súa total colaboración da institución pública que goberna para ofrecer todos os datos e estatísticas que precisen no que se refire ao seu municipio.
Nesta iniciativa participará o alumnado de 4º da ESO do IES Xelmírez I de Santiago de Compostela, o colexio de Lumbier de Navarra e dous centros franceses, o Lycee Jean d´Arcet, de Air Sur l´Adour e o Lycee Rive Gauche de Toulouse. Os traballos comezaron esta semana coa ronda de contactos cos diferentes concellos nos que se realizarán as accións de análise por parte dos rapaces e rapazas participantes.