Novas

Máis novas

A actividade deportiva chega ao rural da man da ximnasia de mantemento

09/11/2018. Melide, a través da súa concellería de Cultura e Deporte pon en marcha o luns a actividade de ximnasia nas parroquias. Unha iniciativa con doble obxetivo levar a actividade deportiva ao rural e favorecer o envellecemento activo

­MELIDE 9 de novembro de 2018.- O Concello de Melide pon en marcha dende o próximo luns, 12 de novembro, a actividade de ximansia de mantemento nas parroquias do rural. Trátase dunha iniciativa que parte da concellería de Cultura e Deporte que ten como obxetivo dar alternativas saudables nas diferentes parroquias onde os seus veciños moitas veces por falta de transporte ou falta de tempo para desprazarse á vila, non poden gozar das actividades das Escolas Deportivas e Culturais Municipais. Na actualidade, hai cinco grupos que contan con 15 alumnos, polo que preto dun centenar de persoas participan nesta actividade.

As sesións de ximnasia de mantemento constan dunha hora semanal e na maior parte dos casos o lugar onde se imparte é nos seus centros sociais. A actividade é gratuita para os veciños e non é necesaria inscrición, tan só achegarse ao lugar de impartición para poder gozar da sesión de ximnasia de mantemento. Esta iniciativa que se pon en marcha no mes de novembro terá continuidade ata o mes de maio.

Trátase dunha actividade que goza de moito éxito por parte da veciñanza das parroquias e o Concello de Melide vai abrindo novos grupos dependendo das demandas dos veciños.

HORARIOS E LUGARES

A ximnasia de mantemento lévase a cabo no centro social de Furelos ás 10.30h os lunes, os martes ás 21.00h é o turno para os veciños de Grobas que se xuntan na Casa Rectoral para practicar deporte. Os xoves ás 20.30h teñen cita coa ximansia de mantemento os veciños e veciñas de Maceda. Os venres ás 20h en San Salvador e ás 21.15h no Meire, todas as estas sesións teñen lugar nos seus respetivos centros sociais.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp