- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello de Melide ofrece entradas gratuitas para o torneo Teresa Herrera
08/11/2018. O Concello de Melide ten de prazo ata o luns para que os veciños interesados en acudir ao Torneo Teresa Herrera da Coruña poidan inscribirse no departamento de Cultura. A entrada e o transporte será gratuito. Prazas limitadas
MELIDE 8 de novembro de 2018.- O Concello de Melide dispón de entradas para asistir aos partidos de fútbol que terán lugar no estadio de Riazor entre os equipos senior feminino e masculino do Deportivo da Coruña fronte ao Athletic Club de Bilbao.
A iniciativa, en colaboración da Deputación da Coruña, e permitirá asistir ao evento deportivo a calquera veciño ou veciña interesado, sempre que sexa maior de idade. Os menores de idade, terán que ir acompañados dun adulto responsable.
As prazas son limitadas polo que de existir máis persoas interesadas en asistir ao estadio de Riazor o vindeiro mércores que entradas, realizarase un sorteo, por medio do cal se asignarán ás persoas agraciadas.
O prazo para inscribirse remata o luns 12 de novembro e as persoas interesadas en asistir poden achegarase ao departamento de Cultura do Concello de Melide para realizar a súa inscrición ou solicitalo vía telefónica no 981 50 50 03.
O Concello de Melide proporcionará un autobúes para que os beneficiarios das entradas poidan acudir todos xuntos ao evento deportivo da cidade herculina. A hora de saída do autobús aínda está pendente de confirmar.