Novas

Máis novas

Concello de Melide e o Clube Cire asinan un convenio de colaboración

06/11/2018. A alcaldesa do Concello de Melide, Dalia García xunto cos directivos do Clube Cire de Melide, asinaron un convenio de colaboración para dar luz verde a unha axuda que o ente local destina para a promoción do fútbol melidense

MELIDE 6 de novembro de 2018.- A última Xunta de Goberno Local celebrada no Concello de Melide vén de dar luz verde ao convenio de colaboración que o ente local vén asinando co Clube Cire melidense dende hai uns anos.

Serán un total de 15.000 euros que o Concello de Melide destinará ao clube Cire para que poida levar a cabo diferentes actividades deportivas ao longo do ano. Tal e como vén facendo, o clube melidense conta con diferentes categorías deportivas que comprende dende os máis pequenos, con máis de tres anos e ata o equipo de veteranos.

“Consideramos que é un gran apoio para o deporte melidense, xa que tamén, dende as institucións públicas temos que amosar a nosa colaboración coa promoción do noso deporte”, explicaba a alcaldesa de Melide, Dalia García, quen agradecía especialmente un ano máis “a disposición dos directivos e adestradores así como tamén da gran familia do Cire de Melide que fin de semana tras fin de semana levan o nome de Melide por todas as vilas de Galicia”.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp