Novas

Máis novas

Veciños de Melide premiados na II edición dos premios Exceleite 2018

07/11/2018. O Concello felicita aos veciños que foron premiados na II edición dos premios Exceleite 2018 que se coñeceron na xornada de onte nun acto celebrado en Vilalba. Foron as ganaderías de Folladela e Golán as que resultaron premiadas

MELIDE 7 de novembro de 2018.- Melide tivo ampla presentaza na II edición dos premios Exceleite 2018 que convocaba un ano máis a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.

Así, a nosa vila estivo representada nesta gala que se celebrou onte, con dous recoñecementos.  Por unha banda, a Gandeiría Fraga de Folladela foi recoñecida pcoa terceira posición na categoría semiextensiva mediana de calidade e hixiene na súa explotación, un galardón no que o ano pasado, conseguira a segunda posición.  Pola outra, María Gómez, da parroquia de Golán, foi premiada dentro da categoría dos premios Exceleite 2018 pequeño extensivo co primeiro posto. 

Ámbolas dúas explotacións, foron galardoadas entre preto de 5.000 granxas galegas que podían optar a estes premios, todas as que están inscritas no Rexistro de Explotacións Leiteiras de Calidade Diferenciada (Recaldi) e que, polo tanto, están en disposición de usar o distintivo de calidade Galega 100%.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, amosou os seus parabéns aos premiados e fixo especial fincapé na importancia en manter un bo status sanitario nas explotacións gandeiras para acadar a calidade que se obtén, unha calidade que chega aos nosos fogares e repercute no benestar dos consumidores lácteos.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp