- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Melide celebrará un magosto con actividades para todas as idades
05/11/2018. O Concello de Melide celebrará este próximo domingo o seu tradicional Magosto. Será nunha xornada completa, de mañá e tarde con actividades na que poderán participar persoas de todas as idades. Todas as propostas serán gratuitas
MELIDE 5 de novembro de 2018.- O Concello de Melide celebrará o próximo domingo un magosto con actividades dirixidas a todas as idades. Así, veciños e veciñas, poderán gozar dunha xornada única, organizada para festexar tan tradicional data no calendario.
As actividade comezarán xa pola mañá, ás 11h, onde na casa do concello se vai celebrar un taller de repostaría magosteira na que poderán participar nenos e nenas maiores de cinco anos. Para poder acudir a este taller será necesario realizar unha inscrición previa no departamento de Cultura dende o día de hoxe. As prazas son limitadas.
Será ás 17h da tarde cando a praza do Convento acolla un taller de xogos tradicionais que ofrecerá garabato de xogos con propostas para todas as idades. Ás 18.30h celebrarase o tradicional magosto, tamén na praza do Convento, con degustación gratuita de castañas do país e chocolate quente. A música correrá a cargo do trío Son Remolino.
A alcaldesa de Melide, Dalia García, anima a veciños e visitantes a pasar a xornada dominical na nosa vila xa que “facendo referencia a ese lema que tanto utilizamos para referirnos á nosa vila, en Melide Tes de Todo, un día máis así é. Mañá e tarde, teremos opcións para pasar un día diferente tanto para grandes como para cativos. Convido a todos e todas a que se acheguen ao cerne de Galicia o próximo domingo para gozar dunha festa tan nosa, tan tradicional como é por estas datas o magosto”.