Novas

Máis novas

O servizo de recollida do lixo local celebra o día do seu patrón San Martín de Porres

05/11/2018. A empresa concesionaria do servizo de limpeza municipal celebrará mañá martes o seu patrón, San Martín de Porres. O propio día desta festividade foi o pasado 3 de novembro e, en Melide, o persoal de limpeza celebrarao o martes

MELIDE 5 de novembro de 2018.- Con motivo da celebración de San Martín de Porres, o  pasado sábado, o persoal de servizo de basura e de limpeza de Melide descansará mañá martes e o mércores, reiniciará a súa actividade habitual.

Por este motivo, pídese a colaboración dos veciños e veciñas para que, na medida das súas posibilidades, eviten cargar no día de mañá os contedores. Do mesmo xeito, recórdase á veciñanza que é o único día do ano no que non se presta este servizo e recoméndase aos veciños sacar a basura de maneira ordenada para evitar acumulacións innecesarias, así como tamén que a basura se tire de maneira correcta evitando deixar as bolsas con residuos na rúa.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp