- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Brinde de aninovo no Centro Social de Melide para comezar o 2017 cunha grande festa
03/01/2017. A alcaldesa, Dalia García, xunto con membros do seu goberno, pasou un serán animado gracias á vitalidade dos socios e socias do Centro Social que acudiron a brindar por un novo ano cheo de ledicia e sorpresas.
Logo das 12 badaladas, e da entrada no ano 2017, toca inaugurar o aninovo no Centro Social da vila. Nesta ocasión, Suso de Boente foi o encargado de amenizar a festa a ritmo de pasodobre.
A rexedorá melidá, Dalia García, xunto con membros do seu goberno, a concelleira de benestar, M.Jesús López, xunto con Rosa Cabado, concelleira de Servizos acercaronse ónte ao serán ao Centro Social Melidense co galo de brindar cos socios e socias que comparten as súas horas libres polas arelas que nos deixa o ano 2016 e que poderemos cumprir no ano 17. Así o expresou a alcaldesa, nunhas palabras de alegría, brindando en prol da saúde, do compañerismo, os amigos e os bos momentos que os maiores pasan nunha institucional como é o Centro Social de Melide.
A xornada, amenizada, como é tradicional con boa música, desta vez da man de Suso de Boente, rematou aproximadamente ás 21.00 h, quedando os asitentes emprazados para a degustación de roscón de reis o vindeiro venres día 6 de xaneiro.