- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Un equipo de dezaseis persoas realizou labores contraiincedios este verán
02/11/2018. O Concello de Melide, con de dúas brigadas contraiincedios, realizou labores para a prevención de lumes dende o mes de xullo e ata este próximo luns. Un equipo de 16 persoas velaron pola seguridade nos montes da vila e contorna
MELIDE 2 de novembro de 2018.- O persoal das brigadas antiincendios do Concello de Melide remata a súa tarefa o vindeiro luns. Dende o pasado mes de xullo, realizaron labores de vixilancia e defensa e traballos de prevención de forma manual e mecanizada. Foron accións combinadas de prevención e defensa contraincendios forestais, para conseguir unha maior eficacia na loita contra estes sinistros a través da optimización no uso de tódolos recursos.
O Concello de Melide contou este ano con dúas brigadas que compuxeron un equipo de dezaseis persoas: once operarios, dous xefes de brigada e tres motobombistas. Máis polo miúdo, este equipo, realizou durante estes meses en Melide traballos no desbroce de pistas, limpeza de maleza nos arredores dos centros sociais das parroquias do rural, limpeza de masas común de parcelaria e de espazos de depósito de madeira.
Este ano, dende o Concello, fíxose especial fincapé na limpeza das parcelas próximas ao polígono industrial. A brigada antiincendios do Concello de Melide realizou a limpeza dun anel de protección de aproximadamente sete hectáreas que circunscribe esta zona. Desta maneira, creouse unha franxa cortalumes. Tal e como explica a alcaldesa de Melide, Dalia García “foi unha demanda da que se fixo eco o goberno local, considerando que afortunadamente aínda que as tempada recente está sendo tranquila na Comarca, este sempre foi un punto moi conflictivo en anos anteriores e este cortalumes será unha garantía máis de cara ás empresas instaladas no polígono e que teñen un alto grado de perigosidade pola propia orografía e vexetación da zona”.
Por outra banda, García destacaba a importancia destas contratacións durante a tempada estival xa que “os incendios forestais son unha ameaza que afecta hoxe en día, de xeito xeral, non só ó patrimonio forestal público e privado, senón tamén ós recursos naturais e ó mantemento e desenvolvemento da actividade humana no medio rural; de aí a enorme necesidade da actuación preventiva”.
As brigadas antiincendios do Concello traballaron prioritariamente con respecto a outros traballos na defensa contra os incendios forestais integrándose no dispositivo do Distrito Forestal de Ordes, que é o que corresponde a Melide. Non só realizaron traballos en Melide e Comarca senón tamén se desprazaron a lugares cercanos, sempre que se lles requeriu a súa presenza e apoio na loita contra os lumes.