Novas

Máis novas

O Concello traballa na programación de actividades para conmemorar o 25N

02/11/2018. O Concello de Melide, a través da súa Concellería de Igualdade e Benestar, traballar xa na programación de diferentes actividades para todas as idades para conmemorar o 25N, día contra a violencia de xénero na vila

MELIDE 2 de novembro de de 2018.- O Concello de Melide, dende a súa concellería de Igualdade e Benestar, traballa xa na programación de actividades que se celebrarán na vila para conmemorara o 25 de novembro, día contra a violencia de xénero.

Na xuntanza de traballo desta semana, organizáronse cales son as actividades que se levarán a cabo neste mes de novembro en Melide, onde se prevé que non só o propio día 25N, senón tamén ao longo de todo o mes, se celebren obradoiros, talleres mesas de sensibilización ou unha xornada de respiro dirixida a mulleres, que tanto éxito tivo en anos anteriores.

Dende o Concello de Melide trabállase ao longo de todo o ano cos obxetivos de previr, sensibilizar e concienciar a veciños e veciñas da necesidade de avanzar de cara a erradicar a desiguladade existente entre homes e mulleres. Tal é así, que ao longo do ano, póñense en marcha diferentes accións nos centros escolares e coa propia veciñanza que sexa capaces de facer reflexionar sobre esta larca social que segue a perpetuarse con forza co paso do tempo.

IV PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DE MULLERES E HOMES 2018-2023

Ao mesmo tempo, o Concello de Melide, dende o seu departamento de Igualdade e Benestar traballar para aprobar no vindeiro pleno, previsiblemente, o IV Plan de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes 2018-2023. Este Plan, terá como principal obnxetivo ser un instrumento de traballo a partir do que se poñan en marcha accións orientadas a solucionar toda situación de desigualdade das mulleres, e encamiñadas a lograr unha igualdade real e efectiva entre sexos, convertendo en beneficiarias das mesmas a todas as persoas, xa que tales accións deben estenderse ao conxunto da sociedade.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp