Novas

Máis novas

Máis de 3.000 persoas visitaron a Oficina de Turismo no mes de outubro

31/10/2018. A falta dun día para que remate o mes de outubro, a Oficina de Turismo do Concello de Melide fai balance de visitas. Foron un total de 3.029 persoas as que e achegaron ata as súas instalacións para resolver as dúbidas

MELIDE 31 de outubro de 2018.- Os técnicos de Turismo do Concello de Melide veñen de facer balance dos datos que deixa o mes de outubro en canto a visitas se refire.  As cifras son as seguintes: máis de 3.000 persoas foron as que se achegaron á oficina de Turismo, situada na parroquia de Furelos, ao longo do pasado mes. Raquel Sexto, unha das técnicas de turismo da localidade explica que “tivemos unha media de 113 persoas diarias”.

A maioría das persoas que visitaron Melide no pasado mes foron maioritariamente extranxeiros, “un 64% sumando europeos e visitantes do resto do mundo, fronte a un pequeno descenso dos achegados nacionais cun 31%”.

VISITANTES MAIORITARIOS DE FÓRA DE ESPAÑA

Neste mes de outubro ata a oficina de Turismo do Concello de Melide achegáronse persoas de todas as nacionalidades. No balance que se fixo público, apunta a que 937 persoas eran españolas, 989 achegábanse dende países de Europa e 1.103 persoas de países do resto do mundo. Dende a oficina de Turismo de Melide, explican que “móstrase o que ven acontecendo en anos anteriores por estas datas, xa que o número de peregrinos españois redúcese moito mentres que aumenta progresivamente o número de persoas europeas e doutros países do resto do mundo.”. Os peregrinos españois proceden en gran parte de Madrid, Cataluña, Andalucía, Valencia e Illas Canarias. En canto a europeos, a media é dunhas 37 persoas ao día aproximadamente veñen dende todos os puntos de Europa Central. Do resto do mundo a media é de 41 persoas diarias, a súa maioría estadounidenses, suramericanos, coreanos, chinos e taiwaneses.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp