- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Nova sinalización vertical para mellorar a seguridade no Camiño Primitivo
30/10/2018. O Concello de Melide, a través da súa brigada de Obras, realiza traballos de reforzo de sinalización vertical nun tramo de aproximadamente seis quilómetros que corresponde ao Camiño Primitivo, na súa entrada á vila melidense
MELIDE 30 de outubro 2018.- O Concello de Melide realiza estes días traballos de reforzo da sinalización vertical nun tramo do Camiño Primitivo a súa entrada ao municipio. Así, a brigada de obras instala sinais que advirten tanto a peregrinos como a conductores de que o seu tránsito é por unha vía secundaria e que polo tanto teñen que cumprir unha serie de obrigas para incrementar a súa seguridade.
Así, dende a brigada de obras do Concello de Melide, estanse instalando dous tipos de sinais: unhas de advertencia para conductores nas que se lle informa que circulan por un viario que teñen que compartir cos peregrinos que realizan o Camiño Primitivo, e outras informan da velocidade correcta á que é obrigatorio circular pola vía.
En total son seis quilómetros de estrada, que une Melide no lugar do Ribeiro coa Ponte da Pedra, no seu límite xa co Concello de Toques onde se están efectuando estas medidas de reforzo da seguridade, en ámbalas dúas direccións.
O Concello de Melide tomou a decisión de incrementar a sinalización neste viario secundario debido á alta densidade de tráfico que soporta esta estrada que é tramo común co Camiño Primitivo a súa chegada á vila. Así, conductores e peregrinos teñen que convivir a diario nun treito onde existen moitas curvas e o ancho de vía é o propio dunha estrada secundaria e polo tanto é necesario extremar as precaucións.
“Vímonos na obriga dende Concello de Melide de reforzar a seguridade nos tramos nos que o precisan, é por iso que decidimos colocar estes sinais verticais para que tanto os que circulan en vehículo por esa estrada como os que camiñan, saiban da súa peculiaridade: unha viario no que teñen que compartir camiñantes e conductores”, di Dalia García, alcaldesa de Melide. Engade que “dende o goberno local poñemos en marcha ao longo do ano diferentes iniciativas para coidar o Camiño de Santiago, un recurso que dinamiza cultural e económicamente a nosa vila a maior parte do ano”.