- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Centro de Transfusión de Sangue de Galicia despraza unha unidade a Melide
29/10/2018. O Centro de Transfusión de Sangue de Galicia despraza hoxe e mañá unha unidade móbil a Melide. Situarase como é habitual na rúa Alexandre Bóveda ao carón do Cantón de San Roque, en pleno centro da vila. Será en horario de tarde
MELIDE 28 de outubro de 2018.- O Centro de Transfusión de Sangue de Galicia despraza a Melide, á rúa Alexandre Bóveda a carón do Cantón de San Roque unha unidade móbil. Será hoxe luns e mañá martes, en horario de 16h a 21h.
Para poder doar é necesario pesar máis de 50 quilos, ser maior de idade e non padecer nin ter padecido ningunha enfermidade infectocontaxiosa.
Para poder dar resposta a todas as necesidades diarias dos hospitais galegos son necesarias 500 doazóns ao día.