- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Preto de 700 veciños escollen para informarse a app “Melide Informa”
26/10/2018. Durante os primeiros seis meses de existencia da app “Melide Informa”, a ferramenta para información local conta con 680 usuarios de alta na plataforma. A aplicación é gratuita e é compatible con dispositivos IOS e Android
MELIDE 26 de outubro de 2018.- O Concello de Melide fai balance dos primeiros seis meses en funcionamento da aplicación “Melide Informa”. Nestes momentos, un total de 680 veciños e veciñas xa a teñen instaladas nos seus terminais móbiles e fan uso dela para poder coñecer a actualidade da vila día a día.
“Melide Informa”, púxose en marcha no mes de abril desde ano 2018, como unha aposta do goberno local para ofrecer a información local aos veciños de maneira inmediata e nos seus propios móbiles.
“Melide informa” é unha aplicación moi sinxela e está estruturada de forma que o veciño ou veciña poida configurala e usala dacordo coas súas necesidades ou intereses. Esta ferramenta, envía á veciñanza notificacións emerxentes e instantáneas aos seus terminais móbiles sobre cinco categorías: cultura e ocio, horarios, servizos, novas e información xeral. Unha información que se complementa cunha axenda de actividades e cunha lista telefónica.
A alcaldesa de Melide, Dalia García, explicaba que se trata dunha aplicación moi sinxela e intuitiva xa que “está estruturada de maneira na que os veciños poidan configurala e empregala no seu día a día para estar ao tanto do que sucede no noso concello”. Engade que “dende o noso equipo de goberno estamos a facer un esforzo especial na mellora das comunicacións coa nosa veciñanza, temos unha páxina web e perfís nas redes sociais de Facebook e Twitter que se actualizan día a día, e esta app “Melide informa”, son ferramentas que utilizamos de maneira cotiá para que os nosos veciños e veciñas non perdan detalle do que acontece na vila e poidan ser partícipes de todas a cada unha das actividades”.
APP “MELIDE INFORMA”
A APP pode descargarse totalmente de balde na tenda de aplicacións de Google Play (buscando polo nome "Melide Informa") para os usuarios e usuarias da plataforma Android ou na App Store (procurar "Bandomovil") para os dispositivos con IOS de Apple. Unha vez descargada esta a aplicación de “Bandomovil” nos móbiles con sistema operativo IOS, bastará con seleccionar “Melide Informa”.