Novas

Máis novas

O Concello colabora cos escolares da carreira contra a leucemia infantil

25/10/2018. O Concello de Melide colaborará mañá venres cos escolares dos colexios Mestre Pastor Barral e colexio número 2 da vila que participarán na carreira solidaria que acolle a vila para recaudar fondos contra a leucemia infantil

MELIDE 25 de outubro de 2018. – O Concello de Melide colabará na xornada de mañá venres cos dous colexios de Melide que dicidiron unirse ao programa “La vuelta al cole contra la leucemia, que organiza a ONG española Uno entre cien mil, única fundación en España que destina os fondos á investigación da leucemia infantil.

Foi o colexio Mestre Pastor Barral de Melide o que tomou a iniciativa de realizar esta carreira á que o colexio número 2 da vila decidiu sumarse.  A carreira desputarase durante a mañá, dende ás 10.30h e ata as 12h e percorrerá un tramo da AC-840 en dirección ao concello veciño de Agolada e a rúa Camiño Real.

Serán un total de 910 colexios de toda España os que participarán nesta iniciativa e preto de 400.000 persoas as que participarán nesta iniciativa. Cada corredor achega un euro que se destinará íntegramente á investigación da leucemia que afecta a cada ano a 330 novos nenos e nenas.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp