Novas

Máis novas

As SS MM Os Reis Magos de Oriente ultiman os preparativos para a súa chegada a Melide

03/01/2017. Os Reis Magos de Oriente chegarán a Melide este xoves, onde recibirán todos os correos dos cativos e cativas que queiran deixalos no buzón real situado nos baixos da Casa do Concello. O día 5, a partires das 18.00 horas, as súas Maxestades ofrecerán a recepción real na Casa da Cultura da vila.

O Concello de Melide está ultimando os detalles para recibir aos Tres Magos de Oriente que chegarán a Melide como ven sendo habitual coa súa maxia o día 5 da tarde nas súas carrozas. A animación a pé de rúa dará comezo a partires das 17.00 nas inmediacións do Cantón de San Roque a cargo do grupo Hakunamatata para que os máis pequenos e pequenas da casa poidan desfrutar de música e xogos agardando a chegadas das súas maxestades. 

Os cativos e cativas que queiran, tamén poden descargar a súa carta aos Reis Magos de Oriente premendo neste enlace

O percorrido será o mesmo que todos os anos, chegarán pola Avenida de Lugo, cára o Cantón de San Roque, Avenida da Coruña e logo a recepción real será na Casa da Cultura da vila, onde todos os nenos e nenas que así o desexen, ordeadamente, coa axuda dos paxes reais poderán pedirlle persoalmente a cada un dos tres magos os seus dexexos para a noite do día 5 de xaneiro, co galo de que se fagan realidade. A partir das 18.00 h da tarde as Súas Maxestades teñen previsto chegar ao centro da vila para posteriormente. 

O buzón real estará a disposición de todos aqueles que así o necesiten na Casa do Concello, onde poderán adquirir o formato de carta real para facerlla chegar aos tres magos de oriente. En caso de choiva non se realizará o percorrido e a recepción real será directamente na Casa da Cultura da vila a partires das 18.00 horas da tarde aproximadamente.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp