Novas

Máis novas

Aberto o prazo para participar no obradoiro de maquillaxe e coidados da pel

25/10/2018. O Concello, dende a súa Concellería de Igualdade e Benestar puxo en marcha este ano como novidade un obradoiro de maquillaxe e coidados da pel no centro social da vila. Participan máis dunha decena de veciñas no Centro Social

MELIDE 25 d eoutubro de 2018.- O Concello de Melide, dende o seu departamento de Igualdade e Benestar ten aberto o prazo para poder participar nun obradoiro de maquillaxe e coidados da pel ao que asisten actualmente máis dunha decena de persoas.

O obradoiro, que se imparte no centro social, aínda ten prazas libres polo que as persoas interesadas poden poñerse en contacto co teléfono 981 50 57 06 ou achegarse ás instalación do centro social para poder facer a súa inscrición.

A posta en marcha deste curso foi froito dunha demanda de varios usuarios do Centro Social que querían coñecer unhas pequenas pautas sobre a maquillaxe básica así como tamén diversos tratamentos para o coidado esencial da nosa pel, o órgano máis grande do corpo ao que é preciso prestar especial atención.

Ao obradoiro poderán asistir persoas maiores de idade, co único requisito de estar interesado no tema da maquillaxe e nos coidados da pel.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp