Novas

Máis novas

Melide celebrou o día da Biblioteca cunha actividades para todas as idades

25/10/2018. O Concello de Melide, dende a súa Concellería de Cultura organizou para o día de onte unha tarde diferente na biblioteca para celebrar o seu día. A instalación ateigouse de veciños de todas as idades para gozar dun contacontos

MELIDE 25 de outubro de 2018.- O Concello de Melide a través da súa Concellería de Cultura organizou onte unha actividade especial na biblioteca da vila para celebrar o día destes espazos cheos de libros que albergan cada día a centenares de lectores.

Así, a cita en Melide que foi onte a tarde na propia biblioteca Xosé Vázquez Pintor e foi a contacontos Marta Ortiz a encargada de narrar “Cores”, un espectáculo familiar que non deixou a ninguén indiferente.

A biblioteca municipal de Melide encheuse no día de onte de persoas de todas as idades para participar no día da biblioteca. Pais e nenos puideron gozar do espectáculo de Marta Ortiz nunha biblioteca ateigada de xente.

“Cores” é un espectáculo de narración oral que conta con música orixinal creada polo músico e compositor Brais das Hortas. En “Cores” o público tivo que cantar e bailar e axudar a rematar os contos para devolverle  alegría a Lila, unha rapaza que de súpeto comezou a ter soños en branco e negro.

DÍA DA BIBLIOTECA

Dende o ano 1997, cada 24 de outubro conmemórase o día da Biblioteca. A proposta xorde da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, apoiada polo Ministerio de Cultura en recordo á destrución da Biblioteca de Saraxevo, incendiada no 1992 durante o conflicto balcánico.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp