- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Melide conta cunha nova centenaria na parroquia de Furelos
25/10/2018. A alcaldesa, Dalia García xunto coa concelleira de Igualdade e Benestar do Concello de Melide visitaron onte na súa casa a unha nova veciña centenaria na parroquia de Furelos, Felisa Pereiro, no día no que soprou as tres velas
MELIDE 25 de outubro de 2018.- A alcaldesa de Melide, Dalia García, xunto coa concelleira de Igualdade e Benestar do Concello de Melide acudiron onte á casa da veciña de Furelos, Felisa Pereiro no día do seu 100 cumpreanos.
A rexedora melidense, conta que “Felisa Pereiro, é unha veciña chea de fortaleza, simpatía e felicidade e mantén áxil e rápida a súa mente”, Dalia García, agradecía tanto a ela como a súa familia que lle abrisen na tarde de onte as portas da súa casa para poder pasar un anaco do día do seu cumpreanos centenario con esta veciña tan especial.