Novas

Máis novas

“Un día en Melide dura máis de 24 horas” novo material turístico

23/10/2018. O Concello de Melide vén de editar un novo folleto de información turística para a promoción da vila entre os visitantes e peregrinos que cada ano nos visitan. Baixo o lema “Un día en Melide dura máis de 24 horas” aglutínase toda a información

MELIDE 23 de outubro de 2018.- O Concello de Melide editou recentemente novo material turístico dirixido ao público itinerante, visitantes e peregrinos que cada día se achegan á vila.

Baixo o lema “Un día en Melide dura máis de 24 horas”, aglutínase toda a información necesaria para non perder os imprescindibles da vila para que as persoas que se achegan ao corazón de Galicia poidan aproveitar ao máximo o seu tempo e pasar un día diferente.

O novo material turístico do Concello de Melide é moi práctico, tamaño de peto, e ao mesmo tempo moi fácil de manexar, xa que nun folio DIN A4, impreso por ambas caras, somos capaces de visualizar toda a información necesaria.

A través deste novo material turístico, os que nos visitan terán plan en Melide para pasar un día completo: mañá, tarde e noite. Poderán coñecer os elementos patrimoniais do municipio, gastronómicos, culturais e distintivos de Melide xunto cun rueiro que os localiza de forma exacta sobre o mapa.

A alcaldesa de Melide, Dalia García apunta “que se trata dunha maneira moi gráfica e intuitiva para todo aquel que queira coñecer os indispensables de Melide nun folleto moi manexable, versátil e dinámico”.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp