Novas

Máis novas

A Xunta inviste 167.373 euros na Comarca a través do Plan Marco de Camiños

23/10/2018. Melide, Toques e Santiso serán beneficiarios dun aporte económico de máis de 160.000 euros dentro do Plan Marco de mellora de camiños municipais da Xunta de Galicia. A contía económica repartirase entre a anualidade 2018 e 2019

MELIDE 23 de outubro de 2018.- O Plan Marco de mellora de camiños municipais da Xunta de Galicia investirá nos concellos da comarca da Terra de Melide un total de 167.373 euros repartidos entre os concellos de Melide, Toques e Santiso.

Estes cartos, quedarán repartidos do seguinte xeito, a Melide correspóndenlle 70.849 euros, repartidos entre as anualidades de 2018 e 2019. A Santiso outogaráselle 51.536 euros, tamén entre 2018 e 2019 e en Toques os cartos que se lle asignan son 44.988 tamén repartidos entre este ano e o que vén.

O Plan Marco significou para os municipios da área de Santiago un investimento en 2018 de 726.000 euros, ao que hai que engadir outros tantos para 2019, ata sumar nas dúas anualidades máis de 1,4 millóns de euros. Trátase dunha axuda cofinanciada nun 75% con Feader no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020 para a ampliación, mellora ou mantemento dos camiños de titularidade municipal que faciliten o acceso, cando menos, a unha parcela integrante dunha explotación agraria. No total provincial o investimento na Coruña é de 4,6 millóns.

Dalia García, a alcaldesa de Melide, agradecía que a Xunta de Galicia leve a cabo este Plan Marco para a mellora de camiños municipais xa que “beneficia as condicións de vida dos residentes nas áreas rurais de Galicia cun incremento de dotacións existentes en infraestruturas básicas”.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp