Novas

Máis novas

Melide celebra o día da Biblioteca cun contacontos para toda a familia

23/10/2018. Como cada 24 de outubro, a Concellería de Cultura do Concello de Melide organiza para a tarde de mañá mércores unha actividade especial na biblioteca Xosé Vázquez Pintor. Será Marta Ortiz a encargada de narrar “Cores”

MELIDE 23 de outubro de 2018.- O Concello de Melide a través da súa Concellería de Cultura organiza para mañá mércores unha actividade especial na biblioteca da vila para celebrar o día destes espazos cheos de libros que albergan cada día a centenares de lectores.

Así, a cita en Melide mañá será ás 18h da tarde na propia biblioteca Xosé Vázquez Pintor e será a contacontos Marta Ortiz a encargada de narrar “Cores”, un espectáculo familiar que non deixará a ninguén indiferente.

“Cores” é un espectáculo de narración oral que conta con música orixinal creada polo músico e compositor Brais das Hortas. En “Cores” o público terá que cantar e bailar e axudar a rematar os contos para devolverle  alegría a Lila, unha rapaza que de súpeto comeza a ter soños en branco e negro.

DÍA DA BIBLIOTECA

Dende o ano 1997, cada 24 de outubro conmemórase o día da Biblioteca. A proposta xorde da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, apoiada polo Ministerio de Cultura en recordó á destrución da Biblioteca de Saraxevo, incendiada no 1992 durante o conflicto balcánico.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp