- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O polígono industrial de Melide conta cun novo cortalumes para a prevención de incendios
22/10/2018. A brigada antiincendios do Concello realizou labores de roza e desbroce nas inmediacións do polígono industrial da vila, así dende estes días, cóntase cun cortalumes para salvagardar as empresas alí instaladas en caso de incendio
MELIDE 22 de outubro de 2018.- O Concello de Melide realizou estes días, a través da súa brigada antiincedios, un cortalumes no propio polígono industrial da Madanela para salvagardar as empresas alí instaladas en caso de incendios. Estes traballos complementan os traballos de desbroce e roza que se están levando a cabo por parte desta brigada.
Así, “a brigada antiincendios do Concello de Melide realizou estes días a limpeza dun anel de protección de aproximadamente sete hectáreas que circunscribr o polígono industrial da Madanela”, explica Dalia García, alcaldesa de Melide.
García engadía que “trátase dunha demanda da que se fixo eco o goberno local, considerando que, afortunadamente aínda que a tempada recente está sendo tranquila na Comarca, este sempre foi un punto moi conflictivo en anos anteriores e este cortalumes será unha garantía máis de cara ás empresas instaladas no polígono, que teñen un alto grado de perigosidade de incendio pola propia orografía e vexetación da zona”.
AGRADECEMENTO Á CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL
A alcaldesa de Melide, Dalia García, agradecía á colaboración que a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Rural, presta aos diferentes concellos do rural coa contratación destas brigas antiincendios que realizan labores moi importantes na loita contra os lumes e na sostenibilidade do medio rural. As brigadas municipais rematarán o seu traballo o próximo 5 de novembro.