Novas

Máis novas

O goberno local pide que a Oficina do Peregrino rectifique as credenciais que non sitúan a Melide na ruta do Camiño Francés

28/01/2017. A alcaldesa de Melide, Dalia García Couso, subliña que algúns dos Concellos representados na Mancomunidade do Camiño Francés se encontran na mesma situación sen explicación racional dos cambios na Compostelana.

Melide é unha das vilas con máis patrimonio artistico e de importancia sinalada das etapas do Camiño de Santiago no seu percorrer ata Compostela. 

Sen embargo, os cambios nun dos documentos mais emblematicos do Camiño, a credencial do peregrino, xa non recolle na edición do ano 17 a Melide como vila de parada no percorrido sinalado neste documento. 

A alcaldesa de Melide expresou o seu malestar por este aparente erro ante a Oficina do Peregrino, entidade que se encarga en exclusiva da impresión destos documentos sen recibir ata o momento ningunha contestación ou explicación ao respecto. 

Para García este cambio na ruta francesa, onde ademais de Melide están outras vilas que estaban anteriormente sinaladas e que agora non aparecen referenciadas, non responde a ningún criterio xustificable, xa que Melide ten unha importancia fundamental no percorrido cara Compostela, boa mostra de elo é o incremento anual de peregrinos que recibe Melide. 

Por outra banda, o testimonio de Melide nun documento de distribución mundial que o ano pasado chegou a preto de 300.000 mil exemplares supón un claro prexuízo cara o turismo da zona ademais de que non é entendible, xa que na ruta primitiva, menos coñecida sí ten a Melide como punto de referencia xeográfica. 

Dende o goberno local subliñan a importancia de que Melide esteña representado nun documento destas características e insta a autoridade competente neste eido que se tomen as medidas oportunas para que se subsane este erro no menor prazo de tempo posible.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp