Novas

Máis novas

A Xunta inicia as obras de reforzo do firme da estrada AC-840 de Melide

16/10/2018. A Xunta de Galicia comezou as obras de mellora de viarios comarcais en varias vilas galegas entre as que se atopa Melide. As obras cun prazo de execución de catro meses. Mellorarán o firme das estradas con diferentes reparacións

MELIDE 16 de outubro de 2018.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia vén de iniciar as obras de reforzo de firme en seis estradas de titularidade autonómico ao seu paso polas comarcas de Santiago, Melide, e O Barbanza, nas que investirá preto de 785.000 euros.

En Melide estas melloras defínense en reparacións do firme que permitan prolongar a vida útil do pavimento, segundo as necesidades observadas en tramos localizados na estrada AC-840, entre os puntos quilométricos 36+000 e 49+000.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, apunta que “estamos satisfeitos porque é unha demanda de hai tempo, xa que se trata dun viario que é fundamental para a zona cunha media diaria de tráfico rodado moi alta, de 3.000 vehículos ou máis”. García agradece á Xunta “o apoio que nos ofrece sempre, de feito nun treito da AC-840 vén de facer un traballo de reposición da rede de pluviais. Con todo, seguiremos demandando actuacións nesta vía básica para o municipio”.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp