- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Luns de Pascua e o día do Carme, festivos locais en Melide no 2019
15/10/2018. O Concello de Melide vén de aprobar os festivos locais para o próximo ano. Cada concello ten que fixar, antes de que remate o ano en curso un total de dous días de libre elección como festivos locais para o vindeiro ano 2019
MELIDE 15 de outubro de 2018.- O Concello de Melide vén de facer públicos os festivos locais para o vindeiro ano 2019. Serán o luns de Pascua, que coincide o 22 de abril e o martes 16 de xullo, coincidindo coa festividade do Carme.
Os festivos habituais no Concello de Melide son sempre o día do Carme e o día de san Pedro, patrón melidense. No vindeiro ano 2019, ao coincidir este último en sábado, decidiuse coller como festivo local o luns de Pascua.