Novas

Máis novas

O recibo do IBI repercutirá positivamente no peto dos melidenses

15/10/2018. O goberno melidense, encabezado por Dalia García, aprobou xunto coas contas do ano pasado, unha baixada do tipo impositivo de cinco puntos porcentuais, o que sitúa o tipo para este exercicio nun 0.45 fronte a un 0.50 no ano 17

MELIDE 15 de outubro de 2018.-Outubro é o mes onde comúnmente se devenga o imposto de bens inmobles municipal en período voluntario que este ano 2018 supón unha vantaxa fiscal para os melidenses de aproximadamente un 10%. Execútase polo tanto unha medida posta en marcha polo propio goberno local a finais de 2017 cando aprobaron as contas para o presente exercicio e propoñeron ao pleno unha rebaixa de cinco puntos do tipo impositivo, única competencia municipal con respecto ao imposto de bens inmobles.

Así as cousas, apuntan fontes municipais, se se paga en período voluntario nun recibo medio dunha vivenda o aforro pode rozar os 30 euros. Dende o goberno local subliñan a importancia de ter unha fiscalidade axeitada para incentivar o asentamento de poboación así como diminuír a presión fiscal sobre a veciñanza logo dun proceso de regularización catastral obrigado polo Ministerio de Facenda que se fixo no noso Concello de maneira progresiva.

En palabras da alcaldesa de Melide, Dalia García, apunta a que se cumpre con outra promesa electoral do seu goberno. Supoñerá deixar de recadar para as arcas municipais aproximadamente un total de 195.000 mil euros en concepto de IBI.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp