Novas

Máis novas

Melide será protagonista nun proxecto piloto en Santiago de Compostela

12/10/2018. O Concello de Melide, dende a súa concellería de Turismo, participará nun proxecto pioneiro nun centro comercial de Santiago, dando a coñecer durante unha semana a cultura, paisaxe e oportunidades que ofrece o cerne de Galicia

MELIDE 12 de outubro de 2018.- Melide será a protagonista desde o próximo luns e ata o domingo, 21 de outubro, dun proxecto pioneiro posto en marcha no centro comercial de As Cancelas para dar a coñecer as vilas galegas.
O obxetivo principal de trasladar Melide á capital de Galicia, non é outro que dar a coñecer e promover o que se fai na vila nun centro comercial, baixo teito, e polo que pasan cada día milleiros de persoas. Deste xeito, e dende o próximo luns, trasladarase simbólicamente o municipio de Melide ao espazo das Cancelas para promocionar os seus negocios e as súas xentes nun espazo pechado.
Neste proxecto pioneiro, participarán veciños e veciñas de Melide cos seus negocios e produtos por medio de diferentes stands. Así, estarán presentes tamén membros do Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo, do que Melide forma parte, a asociación de Empresarios da Terra de Melide e Melide Móvese. Tamén non faltarán os doces típicos tradicionais, como son o rico, o melindre e o amendoado ou unha exposición do Museo da Terra de Melide que amosará aos visitantes as raíces da nosa vila.
Formará parte da promoción de Melide neste centro comercial a exposición do vehículo co que os pilotos melidenses de rallie, Xesús Ferreiro e Javier Anido gañaron varias probas. 
ACTIVIDADES PARA OS DÍAS 21 E 22 DE OUTUBRO
De cara á vindeira fin de semana, 20 e 21 de outubro, o centro comercial da capital galega acollerá numerosas actividades que irán dende a promoción da Festa do Melindre cun showcooking en directo, pasando por varias degustacións de productos locais entre os que se atopa o vermú Mejuto. Tamén actuará o Mago Dani Polo, finalista do programa de televisión de TVE, “Pura Magia”.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp