- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
As obras da ponte entre A Mella con Baltar incrementarán a seguridade
11/10/2018. Medio Rural vén deu inicio ás obras da ponte que unen os lugares de A Mella en Arzúa e Baltar, en Melide. Son obras moi necesarias que aumentarán a seguridade dos vehículos de alta tonelaxe que trascorren por este viario cada día
MELIDE 11 de outubro de 2018.- Comezaron as obras da ponte que une A Mella con Baltar, tal e como estaba establecido nun convenio asinado coa Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia no pasado ano 2017.
Así, despois dos trámites necesarios para poder realizar estas obras, xa que ao tratarse dunha zona sensible cun regato foron necesarios varios permisos de Augas de Galicia para poder iniciar os traballos, as obras comezaron para que a ponte de unión entre os Concellos de Melide e Arzúa sexa unha realidade.
As actuacións que se realizarán consistirán na reposición da drenaxe transversal sobre o río, e dado que a estrutura actual se atopa nun estado deficiente, demolerase a obra existente para facer unha nova cimentación e o pórtico, ademais de reafirmar o camiño.
Esta actuación, que ten un orzamento aproximado de 150.000 euros, supoñerá un aumento da seguridade xa que, en palabras de Dalia García “a nova ponte poderá sorportar de xeito seguro e firme as grandes tonelaxes de vehículos agrogandeiros e lácteos que por ela circulan no seu día a día”.
“Unha vez máis, a Xunta de Galicia atende as peticións dos veciños e veciñas de Melide, dando resposta con celeridade ás demandas dos melidenses”, conclue Dalia García.
AS OBRAS DA PONTE MAZAIRA, A BO RITMO
As obras da coñecida ponte Mazaira que tamén comezaron hai uns meses, avanzan a bo ritmo. Nelas investiranse preto de 300.000 euros para a súa reforma integral, dando cumprimento a unha reinvindicación histórica dos veciños da zona, en especial aos pescadores do treito do río Furelos. Ao mesmo tempo, esta mellora tamén beneficiará aos veciños e veciñas que posúen propiedades a ambas dúas marxes do río para a súa labor agrícola. Dentro das melloras que ofrecerá este investimento está o incremento da calidade ambiental, xa que o paso do río se fará por unha ponte, sen afectar ao seu treito.