- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Rematan os traballos de mellora en cinco pistas do rural de Melide
10/10/2018. O Concello vén de rematar as obras realizadas no acceso a diferentes explotacións agropecuarias en diferentes lugares e parroquias. Donide, Trasmundi, Maceda, Baltar, Santalla e San Cosme foron lugares e parroquias beneficiarias
MELIDE 10 de outubro de 2018.- O Concello de Melide vén de rematar as obras de mellora de acceso a diferentes explotacións agropecuarias e distintas pistas dos lugar de Trasmundi e nas parroquias de Maceda, Baltar, Santalla e San Cosme.
Máis polo miudo, as obras leváronse a cabo en Donide, na parroquia de Maceda, no lugar de Grobas no Formigueiro, na Fogueirada en Baltar, toda a circunvalación de Trasmundi donde se concentra o maior número de cortes gandeiras deste núcleo de poboación, a pista de Figueiroa en Santalla de Agrón, que se atopaba nunhas condicións moi deficientes. Outro dos puntos nos que se levaron a cabo obras de acondicionamento e no que había moitos anos nos que se actuaba era nas Ribas, en San Cosme, que tamén foi obxeto de melloras nas últimas semanas.
Tal e como explica a rexedora melidense, Dalia García “en esencia, tratouse da limpeza das pistas de acceso ás explotacións, así como o renovado do firme que en moitos casos dalle servizo a explotacións gandeiras, inclusa algunhas feitas dende cero”, apunta a alcaldesa,”que son un motor económico moi importante da nosa economía local, e onde o rural melidense ten que ter os mellores servizos”.