Novas

Máis novas

Melide celebra a sétima edición da InvernoVespa con máis dun cento de participantes

29/01/2017. A alcaldesa de Melide, Dalia García, acompañada da edil de Traballo e Benestar, Maria Jesús López, déronlle a benvida aos trece clubes participaron esta mañá na primeira concentración de lambrettas e vespas do ano.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, compartiu hoxe uns momentos co Presidente do Clube “Golfo Ártabro”, organizador da VII edición do InvernoVespa. A InvernoVespa é a primeira concentración do ano que dende fai máis de cinco edicións se celebra en Melide, consólidandose esta reunión como unha das concentracións de scotters máis peculiares do ano. 

Clubes e amantes da mítica Piago Vespa procedentes de diferentes puntos de Galicia achegaronse esta mañá ao Palacio de Congresos de Melide para compartir un percorrido polo mercado dominical e pola vila de Melide. 

Foron trece clubes así como máis de 100 participantes, os que pasearon as emblemáticas motos polo centro urbano e arredores, tendo exemplares dende os máis modernos até algunhas clásicas do ano 1955 ou 1975, auténticos tesouros. 

A alcaldesa de Melide xunto coa edil de benestar recibiron aos participantes así como lles fixeron entrega dun agasallo conmemorativo desta edición dunha concentración moteira xa consolidada que é cita obrigada a principios de ano en Melide.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp