Novas

Máis novas

As obras do Cantón de San Roque reorganizan os espazos públicos

09/10/2018. Para para facilitar a coordinación das obras, a parada de taxis se trasladouse ás intermediacións da Rúa Progreso, como é habitual en períodos puntuais de festas por exemplo, así como o mercado dominical cara a rúa Rosaleda

MELIDE 9 de outubro de 2018.-O Cantón de San Roque está en pleno exercicio de renovación urbana. Ademáis das canalizacións de suministros de gas, traballos que se están coordinando mutuamente cos da rehumanización da praza, o avance nas obras provocou cambios en servizos públicos esenciais como é o caso do mercado dominical ou a parada de taxis. Neste último caso dende o fin de semana pasado xaesta localizada nasintermediacións da rúa progreso, reservando o carril marxedereito dirección lugo para os mesmos vehículos de servizo público co fin de coordinar a prestación do mesmo e a comodidade dos usuarios. Por outra banda, xadende este domingo, o propio mercado se acomodouna rúa Rosaleda co fin de reorganizar os postos de textil e calzado que de maneira tradicional teñen a súa localización napraza.

Durante esta semana se está procedendo a reorganización da vexetación, vexetación que por outra banda, está afectada por permisos sectoriais e por un estudopaisaxistico que asegura a convivencia de especies. Así as cousasdende o goberno local indican que se están a coordinar todas as acción necesarias para que as obras ao estar executándosenun lugar tan concorrido creen as mínimas incidencias, así como subliñan a necesidade de incrementar a seguridade vial nesta zona, ao ser paso obrigado dos peregrinos do Camiño Francés. Por outra banda, é unha aposta para reformular un dos espazos que a xuizo do goberno local ten un carácter priomordial é emblema de Melide.

 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp