- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
A Xunta de Galicia acepta a cesión da parcela para o Centro de Saúde de Melide
08/10/2018. A alcaldesa de Melide, Dalia García, avanza que o Consello da Xunta de Galicia aceptou xa como ben patrimonial os terreos que foron cedidos no pleno extraordinario que o goberno local convocou con carácter urxente o pasado agosto
MELIDE 8 de outubro de 2018.- O Consello da Xunta de Galicia ven de aceptar como propios os case 5.000 metros de terreo que o Concello de Melidecedeu por unanimidade dos tres grupos políticos o pasado 14 de agosto como o “trámite urbanístico final en canto a cesión das fincas” destaca García. Para o goberno local a aceptación do expediente de cesión polo máximo órgano de goberno da Comunidade Autónoma galega é unha garantía máis de que o feito ata o momento, que leva sido moito, para regularizar a situación na que estaban ditas fincas no catastro e no inventario municipal supón que o cronograma sigue segundo o previsto. Así as cousas, o pasado martes, a rexedoramelidensereuniuse coa Conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, quen será a encargada da encomenda de construcción do edificio. A titular do departamento autonómico asegurou á alcaldesa de Melide a total disposición da Xunta de Galicia a iniciar con carácter urxente os trámites para a edificación do novo centro de saúde, un edificio que ocupará 2000 metros cadrados, que se edificará nunha soa planta e que supoñerá unha infraestructura de primeiro nivel e de vangarda para a comarca de Melide.