Novas

Máis novas

Melide acolle unha charla informativa sobre a afectividade e a sexualidade

01/10/2018. O Concello de Melide acollerá mañá martes 2 de outubro na sala de conferencias do edificio multiusos unha charla informativa sobre a afectividade e a sexualidade que forma parte dunha campaña que lev apor nome “Quen dixo medo?”

MELIDE 1 de outubro de 2018.- O Concello de Melide, na sala de conferencias do edificio multiusos, acollerá unha charla sobre a afectividade e a sexualidade que se enmarca dentro da campaña Quen dixo medo? da Deputación da Coruña.

A charla será impartida por Alfredo Saborido, sexólogo e traballador social e enmárcase dentro dun programa máis amplo que o organismo provincial puxo en marcha o ano pasado para a loita contra a violencia de xénero.

Esta charla forma parte dun ciclo de charlas – coloquio en torno a educación afectivo-sexual, encamiñadas a  xerar un espazo no que proporcionar a información precisa para disipar as dúbidas dos mozos e mozas, axudándolles no  desenvolvemento, o coñecemento, autonomía e adquisición das habilidades precisas para acadar unha saúde sexual integral, baseada na igualdade, o respecto e a responsabilidade. Para isto,  ademais de abordar  temas  relacionados coa anticoncepción, as infeccións de transmisión sexual… tamén se tratarán   a orientación e educación sobre aspectos afectivos, emocionais e sociais.

A actividade, diríxese principalmente a poboación xuvenil e infantil e leva a cabo diferentes inciativas por toda a provincia para vencer o medo que nos paraliza e que nos impide responder con contundencia contra o terrorismo machista. O seu obxetivo principal é desmontar os estereotipos en torno á violencia de xénero para apostar pola responsabilidade de toda a sociedade.

Esta campaña pretende chegar a máis de 6.000 persoas a través de accións formativas e levarase a cabo en 40 concellos da provincia da Coruña. Ao longo da campaña, que xa se puxo en marcha o ano pasado, lévanse a cabo accións formativas a través de conferencias, charlas e tertulias, así como actos simbólicos en datas sinaladas.

A cita en Melide coa campaña Quen dixo medo?, será mañá martes 2 de outubro ás 18.30h na sala de conferencias do edificio multiusos con entrada libre e gratuita.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp