Novas

Máis novas

Máis de 300 persoas inscritas nas Escolas Deportivas e Culturais de Melide

28/09/2018. O vindeiro luns, co comezo do mes de outubro dáse incio ás Escolas Deportivas e Culturais do Concello de Melide. Serán un total de 322 persoas as que participaran neste curso 2018/2019 nas actividades locais nesta tempada

MELIDE 28 de setembro de 2018.- Co comezo do mes de outubro o Concello de Melide pon en marcha as actividades das Escolas Deportivas e Culturais para este curso 2018/2019.

Así, dende o próximo luns e ata finais do mes de maio, as actividades dentro da programación destas escolas desenvolverase con normalidade e cos horarios e nos lugares establecidos polo departamento de Cultura e Deportes do Concello de Melide.

Este ano, serán 322 persoas as que participen nas diferentes alternativas que ofrece o Concello de Melide dentro das súas Escolas Deportivas e Culturais. Como cada ano, o fútbol sala foi unha das actividades máis demandadas con máis de medio centenar de inscricións entre todas as súas categorías. 

Dalia García, alcaldesa de Melide, apuntaba “a boa acollida sempre das actividades que se poñen en marcha ano tras ano”, facendo especial fincapé “nas actividades novidosas que incorporamos para este curso que nos vimos na obriga de ampliar os grupos debido á alta demanda por parte dos nosos veciños: cociña, pintura para adultos, TRX e corte e confección foron das actividades máis demandadas”.

NOVO PRAZO DE INSCRICIÓN

Dende o día de hoxe, e tal e como informan dende a Concellería de Cultura e Deportes do Concello de Melide, ábrese un novo prazo para realizar a matrícula en aquelas actividades nas que aínda hai prazas dispoñibles.

Pintura para adultos os sábados, corte e confección os luns, xogos de psicomotricidade, entre outras, son algunhas das alternativas nas que aínda hai prazas.

ACTIVIDADES CANCELADAS

A concellería de Cultura e Deportes do Concello de Melide viuse na obriga de cancelar algunhas actividades que ofrecería debido á falta de inscricións. Este ano, únicamente se cancelou a actividade de fútbol sala na categoría de alevín-cadete. Os rapaces inscritos nesa categoría, incorpóranse a outros grupos desa mesma actividade.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp