- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Melide reforzará a seguridade vial cunha segunda fase de obras na AC-840
28/09/2018. O Concello traballa nunha segunda fase para realizar obras na AC-840 que complementen a primeira fase, xa rematada, para mellorar a seguridade de condutores e viandantes, unha estrada que utilizan día a día milleiros de persoas
MELIDE 28 de setembro de 2018.- A alcaldesa de Melide, Dalia García, reuniuse con técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas da Xunta de Galicia para facer balance da obras realizadas na AC-840 para incrementar a seguridade de entre viandantes e condutores, nunha estrada da vila pola que día a día pasan milleiros persoas.
A alcaldesa de Melide, Dalia García, tivo tempo tamén para analizar co director da Axencia Galega de Infraestruturas, o impacto positivo da reordenación dos metros adicados a peóns coa amplitude das beirrarúas e o incremento da súa seguridade, facendo tamén máis visibles os pasos de peóns.
García adiantaba que “a segunda fase deste proxecto está en redacción e que reforzará a seguridade na AC-840 complementando as melloras que xa se realizaron na primeira fase. Continuarase eliminando barreiras arquitectónicas e mellorando a seguridade vial. Nesta segunda fase actuaremos nos puntos que quedaron sen operar na marxe dereita da AC-840 en dirección Agolada e tamén nalgúns puntos no cruce da intersección da Avenida de Toques coa Avenida da Coruña, na AC-840”.
Melide conta, despois desa primeira fase de melloras na accesibilidade nas beirrarúas da AC-840, con espazos totalmente reformados para os viandantes, grazas as actuacións levadas a cabo nos meses de maio e xuño en puntos do casco urbano á altura da Ronda de Pontevedra e Avenida da Coruña.