Novas

Máis novas

Boa acollida da hostalería local á campaña de Horeca de envases lixeiros

27/09/2018. O Concello pon en marcha a campaña Horeca Hostalería de envases lixeiros na que se adheriron un total de 34 establecementos locais para mellorar a súa reciclaxe. Tamén os comercios locais terán unha campaña de cartón e papel

MELIDE 27 de setembro de 2018.- O Concello de Melide xunto con ECOEMBES e a Consellería de Medio Ambiente poñen en marcha na vila a campaña Horeca Hostalería na que están adheridos 34 establecementos hostaleiros.

Esta campaña ten como obxetivo mellorar na reciclaxe de enviases lixeiros nun sector, como é o da hostalería que ten un elevado índice de refugallos. Cada establecemento adherido, conta cun cubo amarelo de diferentes dimensións segundo as necesidades de espazo do local hostaleiro así como as necesidades de cada local en materia de volumen de creación de resiudos de envases lixeiros para posteriormente facilitar dita reciclaxe.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, explica que “o Concello de Melide non é novo neste tipo de iniciativas xa que en 2017 levou a cabo a distribución de contenedores axeitados para o vidro xunto con puntos de vertedura verde que facilitaban o traballo de separación e reciclaxedeste material aos propios traballadores dos locais”.

SERVIZO DE RECOLLIDA DE PAPEL E CARTÓN PARA OS COMERCIOS LOCAIS

Esta campaña que o Concello de Melide vén de poñer en marcha, compleméntase con outra medida para a reciclaxe que se levará a cabo entre os comercios locais.

A vindeira semana un membro da empresa adxudicataria de recollida de residuos e un concelleiro visitará porta por porta cada establecemento da vila, que xa teñen información achegada polo organismo local a través duns folletos ás súas instalacións, para comprobar de primeira man o interese de cada comerciante para participar nesta campaña.

A rexedora melidense apuntaba que “gracias a esta medida melloraremos o coidado do medio ambiente retirando dos contedores azuis unha porcentaxe alto de cartón e papel creado polo comercio, sendo máis eficiente a recollida deste tipo de refugallos”.

“Con estas dúas iniciativas o goberno local pretende incrementar o índice de reciclaxe tanto de envases lixeiros como de cartón instando tanto á hostalería como ao comercio local adherirse a estas iniciativas gratuitas que benefician ao conxunto da poboación en xeral ao tratarse de melloras no reciclaxe e polo tanto, no medio ambiente”, conclue García.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp