Novas

Máis novas

Finaliza en Melide o programa “Domingos en Familia”

27/09/2018. O Concello de Melide, dende a súa Concellería de Cultura puxo en marcha o programa “Domingos en Familia” con programación teatral para todos os públicos, funcións totalmente gratuitas na Casa da Cultura da vila neste mes de setembro

MELIDE 27 de setembro de 2018.-  “Domingos en Familia” ese é o nome co que o Concello de Melide se refire a unha iniciativa pioneira que se pon en marcha neste mes de setembro dende a Concellería de Cultura para ofrecer alternativas de ocio para todas as idades en xornada dominical.

A próxima actuación e para finalizar as actuacións dentro deste programa teatral familiar será este domingo, co espectáculo da compañía Ghazafelhos, que presentará en clave de clown “Bon Appetit”.

A actuación será ás 19h da tarde, gratuita, con apertura de portas trinta minutos antes de cada actuación.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp