- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
A campaña “Separar con xeito” chega ao mercado dominical de Melide
21/09/2018. Melide acolle este domingo dentro do seu mercado a campaña “Separar con xeito” que parte da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e de Ecoembes e trata de concienciar aos galegos e galegas da importancia de reciclar
MELIDE 21 de setembro de 2018.- O Concello de Melide, a través da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e Ecoembes, acolle o próximo domingo a campaña “Separar con Xeito”, que ten como obxetivo servir de xornada divulgativa para estimular a concienciación ciudadana sobre a necesidade de separar os residuos sólidos urbanos e favorecer a reciclaxe.
O stand da campaña situarase na praza do Convento en horario de 11h a 14h onde os que se acheguen ata el poderán preguntar as súas dúbidas aos técnicos especialistas na materia que alí se atopen. Eles daranlle directrices e pautas aos particulapres de cómo separar correctamente os residuos.
Dende o Concello de Melide apóstase unha vez máis pola concienciación cidadá sobre a correcta separación de residuos. É por iso, que “consideramos que a mellor data para achegarse a Melide e para chegar a máis veciños era o domingo de feira, coincidindo cun dos días de máis afluenza de xente na nosa vila”, explica Dalia García, a alcaldesa de Melide.
Esta campaña, organizada por Ecoembes e a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, busca fomentar na cidadanía as boas prácticas no tratamento dos residuos como oportunidade para acadar os beneficios ambientais e económicos derivados da correcta separación e reciclaxe.