Novas

Máis novas

Volta ao cole para os usuarios do Centro Ocupacional de Melide

18/09/2018. Os usuarios do Centro Ocupacional recuperaron a normalidade onte cando volvían ás aulas para dar comezo ao novo curso. Dende agora e ata a chegada do verán os rapaces aprenderán en diversos ámbitos con profesionais especializados

MELIDE 18 de setembro de 2018.- O Centro Ocupacional de Melide comezaba onte o seu novo curso, así o fará ata o próximo mes de xullo, con descanso durante as vacacións de Nadal, Entroido e Semana Santa.

Son catorce os usuarios do Centro Ocupacional de Melide recuperaban a normalidade despois das vacacións de verán. Este servizo ten as súas instalacións no Edificio Multiusos de Melide onde teñen unha aula adaptada para as diferentes necesidades, así como tamén despoñen de espazo ao aire libre para realizar actividade física.

Ao longo do curso os usuarios do Centro Ocupacional de Melide realizan diferentes tarefas para estimular a súa creatividade e convivencia. Tamén dende o departamento de Igualdade e Benestar do Concello de Melide, organízanse diversas saídas para ofrecer aos rapaces e rapazas actividades alternativas no seu día a día.

CENTRO OCUPACIONAL DE MELIDE

Ao Centro Ocupacional de Melide asisten homes e mulleres con deficiencias de tipo psicomotórico e sensoriais, de diversas características madurativas e de organización cognitiva. Na actualidade, conta con 12 alumnos e alumnas de diferentes idades e patoloxías tanto físicas como psíquicas. Todos eles asisten ás actividades en horario de 09.00 a 13.30 horas de luns a venres. Son diferentes as disciplinas que se imparten no centro de xeito anual coma música, cociña, informática, alfabetización, obradoiros de diverso tipo ou natación.

Os usuarios realizan un numerosas de actividades tanto na propia aula coma fóra, participando en cada evento que se organiza dende o Concello. Entre eles atópanse a Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional, a colocación do tradicional Belén na Igrexa parroquial, a presentación no concurso de Entroido, etc.. 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp