- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello abre o prazo de matrícula para o novo curso do conservatorio
17/09/2018. Como é habitual o Concello dende a súa Concellería de Educación, abre o prazo para realizar a matrícula para o curso 2018/2019 no conservatorio municipal. Estará aberto ata o 27 de setembro tanto en horario de mañá coma de tarde
MELIDE 17 de setembro de 2018.- O Concello de Melide, como vén endo habitual por estas datas, dende a súa Concellería de Educación, ábrese o prazo para realizar a matrícula dentro das ensinanzas musicais do conservatorio municipal.
Dende hoxe e ata o día 27 de setembro, as persoas interesadas en realizar a inscrición en calquera das ensinanzas musicais do conservatorio municipal, poder realizar a súa matrícula no edificio multiusos en horario de mañá e de tarde, dende ás 9h e ata as 14h e de 16h a 19h.
MÁIS DE 20 ESPECIALIDADES MUSICAIS
O Conservatorio Profesional de Música de Melide como en anos anteriores ofrecerá formación en diferentes disciplinas musicais, no apartado de corta, impartirase violín, viola, violonchelo e contrabaixo. En canto ao vento madeira: frauta, clarinete, saxo e oboe. En vento metal: trompeta, trompa, tuba e trombón. Tamén no amplo abano de posibilidades de formación musical no conservatorio melidense atópase o solfexo, percusión, piano, armonía, guitarra, gaita, canto e acordeón.