- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello de Melide acomete melloras de mantemento no edificio da residencia
13/09/2018. O Concello de Melide, dende a Concellería de Obras, realizou estes días melloras de mantemento no edificio da residencia de ancianos do municipio para subsanar pequenas deficiencias na súa fachada de cara ao comezo do outono
MELIDE 13 de setembro de 2018.- O Concello de Melide, a través da súa Concellería de Obras realizou durante esta última semana melloras na fachada do edificio da residencia da terceira idade.
Tal e como explica a alcaldesa de Melide, Dalia García “foron labores de mantemento e posta a punto para o comezo da temporada de outono e con ela a chegada das choivas, para subsanar pequenos problemas de filtracións que se poideran ocasionar e ao mesmo tempo arranxar pequenos problemas derivados do paso do tempo no edificio”.
A residencia de maiores de Melide ofrece tamén o servizo de Centro de Día e Vivendas Tuteladas, sendo a único en Galicia que ofrece os tres servizos, e está incluída dentro do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.