- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Cinco parroquias beneficiaranse da mellora de accesos os núcleos rurais
13/09/2018. O Concello de Melide vén de adxudicar na mañá de hoxe en XGL melloras na pavimentación en pistas do rural da localidade que estaban moi deterioradas polo paso do tempo que incrementarán a seguridade para condutores e viandantes
MELIDE 13 de setembro de 2018.- O Concello de Melide adxudicou esta mesma mañá en Xunta de Goberno Local, obras de mellora na pavimentación de diferentes pistas do rural e diversos accesos a núcleos que se atopaban na actualidade moi deteriorados polo paso do tempo.
Entre as pistas beneficiarias destas actuacións, atópase a pista que une a AC-840 coa parroquia de Maceda que será mellorada con aglomerado en quente. Tamén serán obxeto destas melloras a pista desde o cruce de Salgueiros a Pista de Orois, a pista de Tabeira ao enlace DP4601, a pista desde Folladela a DP4601, a pista de acceso a Montoutiño, pista de Segade ao límite co concello, o núcleo de San Cibrao e outras.
As melloras teñen por obxeto o aglomerado en quente nalgúns casos, nos núcleos de poboación ao rural. En total son cinco parroquias as que se benficiarán destas actuación como son San Cibrao, San Salvador, Folladela, A Garea-Gondollín e Maceda. A Dalia García, alcaldesa de Melide, explicana que “son unhas obras moi necesarias xa que circunvalan núcleos de poboación entre unha parroquia e outra e tamén supoñen o enlace a vías principais como é o caso da pista de Tabeira e a pista de Folladela coa estrada DP 4601 da Deputación e coa AC-840 no caso do acceso a Maceda”.
As obras comezarán o vindeiro mes de outubro e teñen un orzamento próximo aos 100.000 euros.