Novas

Máis novas

O Entroido do Concello de Melide repartirá case 3.000 euros en premios para os mellores disfraces e comparsas

16/02/2017. Dende a Concellaría de Cultura estase a preparar unha nova edición do Entroido na nosa vila. O día forte será o 28 de febreiro, Martes de Entroido, coa celebración do concurso no Pazo de Congresos.

A programación do Entroido en Melide comezará o venres 24 de febreiro cun concerto veneciano na Casa da Cultura de Melide ás 20h da tarde a cargo do alumnado do conservatorio de Música de Melide con temática do Entroido. 

O sábado 26 de febreiro ás 18h celebrarase unha masterclass de zumba de entroido no palacio de congresos e exposicións, estará dirixida a público de todas as idades con entrada libre e gratuita. O domingo día 26, tamén no palacio de congresos terá lugar unha festa infantil de entroido dirixida aos máis pequenos da casa con baile, animación e hinchables. 

O prato forte será o martes de entroido, o día 28 de febreiro, cando no palacio de congresos se celebre un concurso de disfraces. A cita será ás 16,30h no cantón de San Roque coa recepción de participantes, ás 17.30h celebrarase o desfile de participantes e posteriormente será o concurso de disfraces. Dende a organización, explican que no caso de choiva cancelarase o desfile e a recepción de participantes no cantón de san roque e trasladarase ao palacio de congresos e exposicións da vila. 

Repartiránse case 3.000 euros en premios en tres categorías. A primeira corresponderá ás comparsas á que poderán concorrer máis de 8 persoas, o primeiro premio será de 1000 euros e o segundo de 700 euros. Na categoría de grupos, correspondente aos grupos de tres a oito persoas, os premios serán o primeiro de 400 euros e o segundo de 300 euros. Na categoría de individuais e parellas o primeiro premio será de 150 euros e o segundo de 100 euros. Dende a organización explican que os menores de idades non poderán participar nesta última categoría individual e por parellas. 

Para recibir máis información e inscrición poden realizarse no departamento de Cultura do Concello de Melide. As bases que rexen esta convocatoria e o documento de inscrición ao concurso tamén se poden consultar na sección de avisos desta páxina web. 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp