- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
“Domingos en Familia”, programación teatral para todos os públicos
12/09/2018. O Concello de Melide, dende a súa Concellería de Cultura pon en marcha o programa “Domingos en Familia” con programación teatral para todos os públicos, funcións totalmente gratuitas na Casa da Cultura da vila no mes de setembro
MELIDE 12 de setembro de 2018.- “Domingos en Familia” ese é o nome co que o Concello de Melide se refire a unha iniciativa pioneira que se pon en marcha neste mes de setembro dende a Concellería de Cultura para ofrecer alternativas de ocio para todas as idades en xornada dominical.
Así, comezando xa este mesmo domingo, a Casa da Cultura acollerá de xeito totalmente gratuito a actuación de Baobar Teatro coa obra Pum Pum!, un espectáculo de monicreques, teatro de actor, máscaras e sombras con música orixinal e interpretada en directo. Será o domingo 23 de setembro cando chegue a Melide “Os Fabulosos Cleaners” un espectáculo da compañía Malasombra Produccións de pompas de xabón para todos os públicos. Para despedir a programación de “Domingos en Familia” actuará en Melide a compañía Ghazafelhos, que presentará en clave de clown “Bon Appetit”.
Todas as actuacións serán ás 19h da tarde, gratuitas, con apertura de portas trinta minutos antes de cada actuación.