- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
A Cámara de Comercio impartirá un taller gratuito na vila sobre financiamento
12/09/2018. O Multiusos do Concello de Melide acollerá un taller do 24 ao 28 de setembro organizado pola Cámara de Comercio de Santiago de Compostela. Será impartido en horario de mañá dende ás 10h e ata ás 14h. A inscrición é gratuita
MELIDE 12 setembro de 2018.- A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela organiza conxuntamente co Concello de Melide un taller gratuito que leva por nome “ Como atraer financiamento para a creación do meu proxecto empresarial” dirixido a emprendedores e interesados en xeral, socios e persoas vencelladas a proxectos cooperativos ou de economía social.
Terá lugar do 24 ao 28 de setembro no edificio multiusos e terá como obxetivo dar a coñecer os sistemas de financiamento de proxectos públicos e privados e a súa aplicación e funcionamento na práctica. Explican que “en moitas ocasións, o éxito ou fracaso vén condicionado pola capacidade de disponer de recursos financeiros suficientes para realizar os investimentos necesarios”.
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Empleo y Seguridad Social.
As persoas interesadas en participar neste taller gratuito poden facelo poñéndose en contacto co departamento de Orientación Laboral do Concello de Melide no teléfono 981 50 50 03. As prazas son limitadas.