- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
“Camiños de Coñecemento e Experiencia” chega á vila para os maiores de 50 anos
11/09/2018. A Universidade de Santiago de Compostela pon en marcha o proxecto “Camiño de Coñecemento e Experiencia” no Concello de Melide. Será dende o próximo 19 e ata o 28 de setembro. Forma parte do programa universitario para maiores
MELIDE 11 de setembro de 2018.- O Concello de Melide acollerá na segunda quincena do mes de setembro, dende o 19 e ata o 28, o programa universitario de maiores da Universidade de Santiago (USC), que promove o desenvolmento do ciclo Camiños de Coñecemento e Experiencia, un proxecto de democratización do coñecemento mediante formación universitaria gratuita dirixido a persoas maiores de 50 anos.
O lugar das clases será a sala de conferencias do Edificio Multiusos durante tres xornadas teóricas ás que seguirán tres xornadas prácticas, na que o alumnado visitará o arquivo da Catedral, terá unha xornada para aplicar o aprendido sobre o envellecemento activo na Facultade de Medicina e asistirá a un concerto ao Auditorio de Galicia da Real Filharmonía de Galicia, todas estas actividades terán lugar na capital de Galicia.
As persoas que queiran participar, poderán facelo de xeito totalmente gratuito, co único requisito que terán que ter cumpridos os 50 anos de idade. Para realizar as inscricións poden achegarse ao departamento de Orientación Laboral do Concello de Melide. As prazas son limitadas.